Membros da candidatura do BNG-AA de Celanova reuníronse nesta fin de semana coa asociación veciñal “Virxe do Cristal” para escoitar as súas demandas.
Foron varias as reclamacións recollidas pero a que o pobo considera máis urxente, é a do estado no que se atopa a pavimentación das rúas concretamente, a rúa do Recreo e do Arrabaldo.
Dende o BNG- Asembleas Abertas comparten na súa totalidade a preocupación da veciñanza e lamentan que o alcalde e o seu grupo de goberno «teñan unha vez máis, feito promesas de atender as necesidades que demanda a poboación e que queden en só iso: promesas incumpridas».