A Unión Deportiva Ourense está a un paso de completar a súa primeira Liga de xeito inmaculado.
Os homes de Antonio Dacosta tiñan na penúltima xornada da Terceira Autonómica a un duro rival. O subcampión de Liga recibía á UD coa intención de ser o primeiro equipo que o derrota na competición ligueira.
A pesar de que nos primeiros minutos o encontro estivo igualado, deseguido os unionistas colleron a senda do triunfo.
Primeiro foi Roberto Almeida o que atinou coa meta local co un a cero antes do descanso.
Na reanudación Adolfo lograba o segundo e Lucas Nieto encarrilaba a vitoria (3-0).
Santi, que regresaba a unha convocatoria o facía como mellor sabe, firmando un dos goles visitantes; o que supoñía o cuarto da tarde.
E Roberto Almeida redondeaba a goleada co seu segundo tanto e quinto da UD Ourense.
Loureiro
Agora só queda un partido, contra o Loureiro no Couto, para que remate a Liga. En caso de vitoria sería unha tempada para enmarcar, xa que lograría o pleno de vitorias. O mellor tributo que se lle pode dispensar a Club Deportivo Ourense.
Copa
O primeiro partido das semifinais da Copa Deputación B saldouse coa derrota fronte o Arnoia. 1-0 foi o resultado do partido de ida.
En tres semanas disputarase o partido de volta no Couto e saberase se o Ourense accede á final, que terá lugar no mesmo estadio o 30 de maio.
Asamblea
Este luns celébrase unha asamblea extraordinaria para ratificar á directiva que comezou desde o principio co proxecto da UD Ourense. Terá lugar na Casa de Chocolate (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense) ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 en segunda.