A semifinal de ascenso a ACB viaxa a Lleida cun 2-0 a favor do Club Ourense Baloncesto. Os de García de Vitoria teñen tres oportunidades para certificar o pase á final.
Pase o que pase nestes playoffs o de Club Ourense Baloncesto este ano é para recordar para sempre. O segundo partido das As semifinais contra Lleida tivo de todo. Cando os visitantes distanciaronse 13 arriba, e todo parecía que ía camiño dun desenlace fatídico, os homes de Gonzalo García de Vitoria tiraron de casta e, empuxados por unha aficción incondicional lograron forzar a prórroga e, nesta, darlle a puntilla aos cataláns.
Como no partido anterior, os visitantes maniataron a un COB que non era capaz de despregar a seu xogo habitual. Pero a diferenza co primeiro partido foi que os homes de Joaquín Prado foron por diante en moitos minutos do encontro. Kaufmanis, Kahlig e o ex cobista Múgica mantiveron ao seu equipo por diante e parecía que o un a un ía a ser o resultado da eliminatoria despois dos dous encontros no Pazo.
Pero nestas, e como no primeiro, apereceu a figura de Marcos Suka Umu, que coas súas acción fixo levantar aos espectadores dos seus asentos.
Nos últimos minutos Gonzalo García de Vitoria tirou de galóns e puxo sobre o parquet a guardia pretoriana (Arco, Rivero, Rejón e Suka) secundados por Chase Fieler. Eles levaron á prórroga o encontro.
A prórroga
Nela, coma nos anteriores 40 minutos, houbo de todo. O Lleida que se distanciaba e un Club Ourense Baloncesto que se agarraba grazas ao empuxe do público.
Nos últimos segundos, tempo morto con empate a 81. Posesión para os de casa. Suka e Rivero dan un paso ao fronte ao decir que se queren xogar o último tiro. De Vitoria decantouse polo segundo e a aposta saiu cara. O base penetra entre os rivais e encesta os dous puntos que daban a vitoria aos ourensáns. A canastra non tivo réplica e o COB logra a segunda vitoria da eliminatoria.
Lleida
Agora a serie viaxa ata o Barris Nord de Lleida para a disputa de dous partidos. Os de Joaquín Prado deberán lograr as dúas vitorias en casa para forzar un quinto partido no Pazo. O COB ten tres oportunidades para ser finalista.