Portada Barrios maio 2015

O asasinato da verinesa Isabel Fuentes e un especial Eleccións Municipais, na portada de Barrios de maio.

Dous temas centran o interese da publicación de Barrios para as comarcas de Xinzo, Verín, Allariz e Celanova no mes de maio. Dunha banda, o asesinato da veciña de Verín Isabel Fuentes no hospital de Ourense presuntamente a mans do seu marido. Doutra, as eleccións municipais do 24 M. Así, incluimos na publicación un especial con entrevistas aos candidatos de Verín, Xinzo, Celanova e Allariz, e repasamos as candidaturas que se presentan no resto de concellos das comarcas.

{source}
<div data-configid=»2135823/12831645″ style=»width:450px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}

No resto de asuntos informativos tratados, destacan a sinatura entre o Concello de Verín e a Xunta dun convenio para redactar o Plan especial do casco histórico e do barrio de San Lázaro e a petición de declaración como Área de Rehabilitación Integral que fai o Concello de Allariz para Santa Mariña.

Tamén recollemos as próximas citas deportivas, como a andaina en Allariz ou unha proba BTT en Verín, e culturais, como a Festa do Boi.

Todo isto e máis, dispoñible para consulta on line aquí.

Tamén podes descargar o periódico en pdf aquí.