Desde o  16 de maio e até o 13 de xuño, a Sala de Exposicións de Verín acollerá a mostra ‘Entre a Auga e a Pedra’.

 

Trátase dunha exposición colectiva sobre o patrimonio ourensán, natural e construído, conformada por 21 imaxes panorámicas en branco e negro -tamén en color- realizadas por 11 fotógrafos de la Agrupación Fotográfica Fotosíntese.

A través desta exposición, o espectador contempla un sumatorio de tempos, luces e diferentes ángulos e polo tanto podemos dicir sen pretender ser pretenciosos que en cada fotografía temos “moitos instantes e moita historia”e se a isto lle engadimos que todas elas están xunguidas polo fío condutor que forman Ourense, a Auga e a Pedra o observador poderá tamén sentir e gozar dese permanente dialogo o que emanan as rochas e as augas da nosa provincia como un espello que nos devolve a imaxe dun tempo e dunha historia onde natureza e persoas falan con orgullo do seu.

A recente creada Agrupación FotoSintese de Ourense é un colectivo de afeccionados que teñen como obxectivo aprender, dar o coñecer todo aquelo que teña que ver co mundo da imaxe e da fotografía e ensinar as súas obras. A idea de agruparse foi o eixo vertebrador do seu nacemento pois consideramos que era o mellor xeito de intercambiar experiencias, de crear sinerxías, de facer máis doada a colaboración, o traballo e a relación con outros grupos e persoas que comparten esta afección.

A exposición pódese visitar das 10 ás 14 e das 17 ás 20.30 horas, de luns a sábado.