A Unión Deportiva Ourense venceu por tres goles a cero ao Raio Alaricano na Supercopa da Terceira Autonómica.

O partido tivo un ambiente festivo nunhas gradas equilibradas de afeccionados dun e doutro conxunto. Os da Unión tiñan unha nova cita cos seus xogadores e os do conxunto de Allariz querían acompañar aos seus no último partido da tempada.

No que ao partido se refíre, pouca historia. Os unionistas foron superiores nun partido no que á calor foi demasiado protagonista.

Julio Salgado abriu o marcador e Ramón Dacosta, de falta, ao borde do descanso poñía terra de por medio co dous a cero.

Na segunda parte a UD dedicouse a levar o tempo do partido. Julio Álvarez, de penalti, lograba o terceiro da tarde e o primeiro da súa conta nesta tempada antes de ser substituido.

Arnoia
Agora falta o terceiro título da tempada. Non é outro que a Copa Deputación B. Para elo, deberán remontar un 1-0 adverso do partido de ida das semifinais fronte o Arnoia. O partido de volta terá lugar no Couto este sábado a partir das 19 horas.