Baltar coa Escudería Ourense

O presidente da Deputación de Ourense recibiu no Pazo Provincial ao presidente de Escudería Ourense, Antonio Fernández, e directivos da escudería.

 

Acompañado do asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González, falou dos aspectos organizativos e de coordinación da vindeira edición do Rali de Ourense.

Manuel Baltar destacou que o Rali de Ourense “é o evento deportivo máis importante do calendario anual da nosa provincia, e por iso, a Deputación, ano tras ano, exceptúao do réxime xeral de subvencións e concédelle unha subvención directa, a máis alta da historia da Deputación, que este ano ascende a 40.000 euros”. O presidente do goberno provincial considera que nos días que se desenvolve esta actividade “o retorno económico para a provincia ninguén o pode poñer en dúbida e mesmo hai un estudo elaborado polo Campus de Ourense que acredita que Ourense neses días convértese nun foco de atracción para visitantes e dinamízase o comercio a hostalería e sobre todo a imaxe da provincia”.

Baltar amosou o seu apoio ao labor que ven desenvolvendo Escudería Ourense e subliñou que o Rali de Ourense foi considerada en varios anos a mellor proba do campionato de España para os órganos federativos nacionais, e consecuentemente desde 1967 “constitúe unha cita ineludible para o calendario deportivo nacional en materia de automoción”. «O impacto mediático e económico que esta proba deixa na provincia supón un pulo importante para a economía provincial, o fomento do deporte do motor e a promoción turística e termal da provincia de Ourense», afirma Manuel Baltar.