Será o sábado 30 de maio ás 10 horas. É preciso inscribirse previamente para participar.

 

O sábado 30 de maio, ás 10 horas, terá lugar na piscina climatizada de Verín unha master class de spinning, que será impartida por persoal desta instalación deportiva.

Esta actividades estará destinada a todas as persoas interesadas na práctica do spinning e amantes da bicicleta. Durante hora e media, dous monitores ofertarán esta clase guiada na que de modo práctico amosarán como se debe realizar esta disciplina deportiva.

Os interesados en participar deben inscribirse na piscina (terán prioridade os usuarios desta instalación deportiva). O horario aberto ao público da mesma é de luns a venres (07.30 a 12.30 e 16.00 a 23.00 horas), sábado (09.00 a 13.00 e 16.00 a 20 horas) e domingo (10.00 a 13.00 horas).

Novo equipamento deportivo

Nas últimas xornadas, e tras a substitución das bicicletas elípticas por unhas novas, adquiriuse unha nova cinta de correr que xa está instalada no ximnasio da piscina climatizada de Verín. Tamén se incorporaron novas taquillas nos vestiarios da instalación deportiva ante o incremento de usuarios/as da mesma (na actualidade conta con 1.720 abonados).