Derrota do Club Ourense Baloncesto no segundo partido da eliminatoria da final de ascenso a ACB.
O Club Ourense Baloncesto tomou vantaxe nos primeiros compases de encontro cun parcial de 9-0. Espellismo co que aconteceu despois.
O Breogán lonxe de chegar desmoralizado trala paliza do primeiro encontro, tomouse este partido coma se fóra unha nova serie.
A base dunha boa defensa e dunha porcentaxe alta no tiro fixo que os de Lisardo Gómez sacaran o partido, pouco a pouco, aos de Gonzalo García de Vitoria.
Sen unha clara referencia no poste baixo (Geramipoor e Busma non tiveron o seu día) había que buscar no tiro exterior a flotación dun barco que naufragaba.
O COB chegou a ir perdendo de 12 puntos, aínda que o tentou non era capaz de achegarse a un Lugo que estaba moi alentado nas bancadas polo seus público.
No último cuarto foi un querer en non poder dos pupilos de García de Vitoria, pero no baloncesto cando a pelonta non quere entrar non hai nada que facer.
Derrota do COB que pon a eliminatoria 1-1. Os dous seguintes encontros en Lugo.
Unha vitoria
Agora os ourensáns necesitan, alomenos, unha vitoria para traer de volta a eliminatoria no último e definitivo encontro. Con dúas vitorias na cidade da muralla, o COB sería equipo de ACB.
O Club Ourense Baloncesto logrou 15 vitorias como foráneo na Liga Regular e dúas máis nos playoffs. Si se pode!