Serán do 27 ao 31 de maio.

O obxectivo principal destas xornadas, segundo explica o organizador e artesán Ernesto Sánchez “é preservar e conservar o xeito tradicional de facer o oficio, entendendo este como o conxunto de coñecementos que permite transformar o coiro en diversos obxectos.”

As actividades das xornadas, unhas de carácter formativo e outras máis lúdicas, levaranse a cabo en diferentes espazos da vila, centrándose a fin de semana na Fábrica de Curtidos “Familia Nogueiras”, unha antiga fábrica de curtidos rehabilitada que alberga o Museo do coiro.

Desenvolveranse varios obradoiros que contarán con máis de 30 participantes e serán impartidos por porfesionais do sector. Nesles poderanse descubrir as múltiples posibilidades que ofrece o coiro.

O día 29, ás 20:30 horas inaugurarase, no Museo do Coiro, a exposición “Formas do Coiro”, na que se mostran pezas de diferentes procedencias e diversas técnicas. O sábado 30 ás 21:30h, Franklin Pereira ofrecerá un concerto de “Surbahar” na Fundación Vicente Risco. E para finalizar o encontro, o sábado e domingo, no patio do Museo do Coiro, celebrarase un mercado-exposición con diferentes pezas, ferramentas e publicacións relacionadas co coiro.