Serán o sábado 30 e domingo 31 de maio.

 

Esta iniciativa promovida pola Axencia Turismo de Galicia en colaboración cas cinco denominacións de orixen de viño galegas, permitirá o último fin de semana de maio realizar diferentes actividades en Monterrei.

Para participar nelas o Viñobús Monterrei, de carácter gratuito, percorrerá dúas rutas distintas para chegar a todos os residentes na provincia e norte de Portugal a Monterrei. Unha das rutas sairá ás 10 de Ourense, con paradas en Allariz, Xinzo e Verín; a outra, sairá ás 9.30 (hora portuguesa) de Vidago, con paradas en Chaves e Verín. Ambas serán realizadas polo Viñobús Monterrei, de carácter gratuito. Os interesados deben reservar a súa praza ata o venres 29, no teléfono 679 922 588 ou no correo electrónico disfrutagalicianaturalmente@gmail.com.

Durante esta fin de semana haberá visitas e degustacións de balde nas adegas participantes nas xornadas: Adega Boo Rivero, Adega Crego e Monaguillo, Adega Gargalo e Adega Abeledos. O sábado as visitas terán lugar ás 11:30, 13 e 18 horas; e o domingo ás 12.

Outras actividades gratuitas que terán lugar o sábado son unha máster class sobre Lagares Rupestres ás 19 na Casa da Cultura de Verin; a exposición fotográfica “A auga e a Pedra” na Sala de exposicións de Verín (aberta de 10 a 14 e de 17 a 20:30 horas) e o concerto “Son e Viño” –ás 21 horas no claustro dos Mercedarios-, que consitirá nun Túnel do Viño con un aperitivo e unha actuación musical.  Así mesmo, tamén se realizarán rutas a cabalo, cicloturistas, guiadas polos castros de Cualedro, de sendeirismo polos Milenarios Lagares rupestres e moito máis.

Ademáis, haberá ofertas especiais nos aloxamentos O Retiro do Conde e Parador de Verin e nos restaurantes Lugano e Enxebre Monterrei (Parador de Verin)

[Máis información en www.domonterrei.com]