Centos de ourensáns sairán hoxe de casa co sorriso posto. Coa ilusión de que o COB logre vencer ao Breogán de Lugo no terceiro partido da eliminatoria de playoff de ascenso a ACB.
E é que hoxe venres dispútase no Pazo Provincial de Deportes de Lugo este terceiro encontro da final. O pitido inicial será ás 21 horas.
A eliminatoria está con empate a un polo que están asegurados dous partidos en Lugo. O deste venres e o domingo -19.15 horas-. Se algún dos dous conxuntos logra impoñerse nos dous encontros a final remataría; en caso contrario habería un quinto partido que tería lugar en Ourense o próximo venres.
Despois de vencer con contundencia no primeiro encontro e perder no segundo, ninguén vaticina o que pode ocorrer no terceiro. O que ten claro o técnico ourensán, Gonzalo García de Vitoria é que unha das chaves «será estar moi acertado no tiro exterior».
Presión
En canto á presión, García de Vitoria considera que é a mesma para os dous bandos. «A estas alturas os dous queremos gañar e a presión é a mesma».
Pero hai outras presións -ou coaccións- máis tanxibles. Os xogadores do Breogán meterán, coma nos partidos disputados en Ourense, moita presión aos colexiados, o que en Lugo pode ser que, xunto co empuxe ambiental, un «inferno» no que os cobistas terán que saber moverse.