Este 30 de maio celébrase na piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal de Ourense o 44º Trofeo Pedro Escudero de natación.

Este ano a cifra de participantes aproxímase ao 300 nadadores de toda Galicia.

En total serán 30 probas que se disputarán en xornada de mañá (a partir das 10h) e tarde (a partir das 17) durante o sábado 30.

Participarán grandes nadadores galegos coma Sergio Campos (CN Coruña), Anne de la Fuente (CN Liceo), e mesmo os nadadores do Club Natación Pabellón Ourense, Laura Pimentel, en categoría feminina e Marc Ciurana e Alberto Taboada, en masculina.

Premios FINA
Ademais das tres medallas que se dan aos tres primeiro de cada proba (ouro, prata e bronce) tamén terán a súa recompensa os mellores clasificados segundo a táboa da FINA (Federación Internacional de Natación).

O primeiro clasificado desta táboa farase co trofeo Pedro Escudero e un premio en metálico de 125 euros. O segundo recibirá 100 euros; o terceiro, 75; o cuarto, 50 e o quinto, 25 euros.

Esta clasificación realizarase coa suma de tres probas a cada nadador.