A presentación e sinatura de exemplares terá lugar este martes 2 de xuño ás 19:30 horas no Centro Comercial Ponte Vella.

Librería Aldova organiza coa colaboración de Centro Comercial Pontevella a presentación do novo libro de Alfonso López, “Cenas en 25 minutos”, que consta de 120 recetas “fáciles e saborosas”, segundo o autor. Esta presentación terá lugar o próximo martes 2 de xuño ás 19.30 horas na planta baixa do centro comercial ourensán, na que está ubicada esta librería. E a ela acudirá, ademais do autor, o blogueiro Rubén Amorín, que será o presentador do acto, e Marcos Vila, director-xerente de Ponte Vella.

Trala presentación terá lugar unha firma de exemplares entre os asistentes, tanto desta nova publicación como dos seus predecesores (“Comer bien a diario” e “Postres de rechupete”).

Ademais, Aldova organiza un sorteo dun lote cos tres libros entre todos os que se acheguen a esta presentación.