A Unión Deportiva Ourense quere pechar canto antes o tema das altas e baixas da plantilla para a segunda tempada da historia do club.
Moitos dos xogadores deste ano xa non estarán o que vén. O adestrador non tivo que decirlle a ninguén que non continuaba no equipo por que cada un xa sabe o seu rol.
Os máis veteráns quixeron poñer o seu gran de area na etapa máis difícil do club, o nacemento, para darlle un empuxe a unha entidade que quere regresar ao lugar que ocupa o Club Deportivo Ourense.
Todos eles seguirán unidos a disciplina do club e incluso algún deles o fará coma adestrado dalgún equipo da base.
Agora toca configurar unha plantilla máis nova. E para iso os ex xogadores xa están máns á obra para facer un equipo novo pero á vez competitivo.
A idea e facerse cos servizos de xogadores que poderían xogar sen problemas en categorías superiores, para así, ter máis doado o ascenso nunha Liga, que será, de todo, menos doada.
Cristian Dacosta
Esta semana presentarase o Cristian Dacosta. Fillo do adestrado, Antonio Dacosta. Xogador que recala na UD despois de xogar este curso no Covadonga.
A lista de fichaxes non se queda aí. Xa teñen apalabrado a Cote e teñen practicamente pechados a outros xogadores que en breve sairán á luz.