Pérez Bouza demandalle ao modisto ourensán “respeto polos dereitos dos traballadores e que non lle faga pagar a eles a súa mala xestión empresarial”.

Compromiso por Galicia éxpresalle o seu apoio e solidaridade aos traballadores de Adolfo Dominguez. O seu coordinador provincial, Xosé Manuel Pérez Bouza, demándalle ao modisto ourensán “respeto polos dereitos dos traballadores e que non
lle faga pagar a eles a súa mala xestión empresarial”.

Os galeguistas tamén lle piden a Adolfo Dominguez “máis compromiso con Ourense e con Galicia, sobre todo despois de que nos últimos anos teña recibido miles de euros en subvencións, que saen do peto de todos os ourensáns e galegos”.

Por último Compromiso anuncia que apoiará aos traballdores da empresa téxtil, en tódas as súas accións, co obxectivo de frear o ERE que se iniciou, así como a deslocalización das súas líneas de producción, ante a intención do empresario de trasladalas desde Ourense a Madrid.