Do 5 ao 7 de xuño no parque da ponte Romana e na praza da Liberdade, respectivamente.
Ourensáns e visitantes teñen dúas citas de ocio e gastronómicas para esta próxima fin de semana. Dunha banda, organízase unha nova edición da Feira do Marisco de Ourense, a novena, que desta volta trasládase ao parque situado ao carón da ponte Romana, na marxe dereita do Miño. Doutra, a 1ª Feira Cultural da Cervexa Artesá, que terá lugar na praza da Liberdade da Valenzá, Barbadás.
Organizado por A Feira e Frei Canedo da Ponte, a Feira do Marisco permitirá degustar aos seus asistentes delicias como arroz con lumbrigante, zamburiñas, camaróns, gambas ou polbo á feira. A feira permanecerá aberta desde o xoves 4 a partir das 20 horas ata o domingo 7.
Mentres, a Asociación para a difusión da cultura cervexeira artesana de Galicia está detrás da organización da Feira da Cervexa Artesá da Valenzá, na que se poderán catar máis de 30 estilos de cervexas, acompañadas de ‘galeguesas’ e outros bocados. No transcurso da feira impartirase un curso de fabricación caseira de cervexa e sortearanse lotes desta bebida.