Terán lugar este sábado 6 de xuño na praza Maior, con sesións deportivas de aerodance, bailes latinos, aerobox, zumba ou pilates, entre outros.

 

O Concello de Verín organiza, por noveno ano consecutivo, as Xornadas de Deporte e Saúde no municipio destinadas a desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular.

As mesmas terán lugar este sábado 6 de xuño na praza Maior de Verín. De de 18 a 20 horas realizaránse sesións deportivas de disciplinas como aerodance, bailes latinos, aerobox, zumba, acondicionamiento físico, aerofolk e pilates. Ademais destas sesións, aptas para todas as idades, tamén se programará unha ludoteca con inchables para os máis pequenos.

As Xornadas de Deporte e Saúde creáronse co obxecto de asentar o concepto de promoción da saúde a través dos campos de creación de ambientes favorables a saúde, fortalecemento da acción e participación comunitaria, desenvolvemento de actitudes persoais saudables e formulación dunha política pública baseada no deporte desde a infancia.