Unha trintena de voluntarios visitarán a 63 familias do municipio para coñecer as súas necesidades.

 

O Concello de Xunqueira de Ambía porá en marcha o proxecto piloto “Eu escoito, ti falas”, que estará levado a cabo por 37 voluntarios – asistidos por dúas asistentas sociais- que visitarán a 63 familias do termo municipal. 

O Plan de Traballo desta iniciativa consiste en dividir o concello en distintas áreas de actuación (Armariz, Xunqueira de Ambía, Bovadela, Sobradelo e A Graña), ás que acudirán os voluntarios en grupos de seis. E a actuación dos mesmos consistirá en visitar a cada familia, falar con eles, ver as necesidades que poidan ter, realizar acompañamento, etc.

Esta iniciativa desenvolverase de xeito totalmente gratuito para o Concello e para os usuarios.