Agustín Fernández recalca en que o Concello está a executar unha orde xudicial.
O alcalde en funcións de Ourense, Agustín Fernández, dixo este martes, a preguntas dos xornalistas, que o Concello acordara coa familia da casa de Reza sobre a que pesa unha orde xudicial de demolición “reanudar las actuaciones a partir del lunes (polo día 8), no el lunes a las 9”. Esta foi a súa resposta en referenza ás queixas do avogado da familia Alonso-Fernández, que este luns criticara que desde a Administración local non se lles informara de cando se ía reanudar o desaloxo e derrubamento. En todo caso, precisou o rexedor, a orde de demolición “se executará no momento en que se considere máis oportuno”.
Aínda recoñecendo que é unha decisión que “non lle gustaría (facer) a ninguén”, o socialista resaltou que o Goberno local está “únicamente e exclusivamente executando unha orde xudicial como é a nosa obriga”. Por iso pediu “que non se incremente o sufrimento a ninguén nin de os que o soportan nin os que o teñen que levar a cabo”.