A xornada terá lugar en Expourense o 18 de xuño e contará coa participación de investigadores de Alemaña, Holanda, Suecia, Suíza e España.
A IX Xornada sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética reúne en Expourense a destacados relatores internacionais que abordarán temas punteiros na actualidade e presentarán experiencias pioneras na investigación xeotérmica e na construción de edificios de consumo “casi cero”. Esta xornada celebrarase o vindeiro xoves 18 de xuño no recinto feiral ourensán e contará coa participación de expertos de Alemaña, Holanda, Suecia, Suíza e España. Trátase dunha aposta de Expourense por divulgar o uso das enerxías renovables e a eficiencia nun momento no que reducir custos está presente tanto nas empresas como a nivel particular, xa que segundo estimacións da Comisión Europea, a eficiencia enerxética pode suponer un aforro anual de 1.000 euros por familia.
Xeotermia e eficiencia enerxética
A xeotermia será a protagonista da primeira parte da sesión de mañá desta xornada. O resto da xornada estará centrada na eficiencia enerxética e na sostibilidade.
De xeito complementario, haberá un área expositiva na que poden participar as empresas galegas relacionadas coas renovables e a eficiencia enerxética.
A actividade, organizada por Expourense coa asesoría da empresa Investigación Geotérmica (INGEO) conta co apoio do IGAPE e está dirixida a profesionais do sector. Cuota con acceso libre, previa inscrición enviando un mail a expourense@expourense.org ou chamando ó teléfono 988 36 60 30. As ponencias impartiranse entre as 10.00 e as 19.30 horas.