A ACB recibiu os cartos para a afiliación á Liga Endesa do club ourensán.
Acabouse o “culebrón” do ascenso de Club Ourense Baloncesto á ACB. Despois de varios días frenéticos por parte da directiva do club para conseguir os pertinentes acordos para inscribir o seu nome na Liga Endesa, por fin o luns 15 de xuño, día que remataba o prazo, o logrou.
E non foi sinxelo, houbo que esperar a que o Concello de Ourense firmara un compromiso de apoio ao club e que a entidade Abanca buscase unha solución financieira viable para que a ACB comunicara a inscrición do COB na Liga.
E todo iso chegou en torno ás 21 horas do último día de prazo para que o equipo inscribírase na mellor liga europea de baloncesto.
As 12.30 horas parecía que todo estaba listo para poder enviar a transferencia de 2,9 millóns de euros á sede da Asociación de Clubs de Baloncesto; pouco máis tarde, a entidade bancaria ABANCA cambiaba a regras do xogo e parecía que a opción de acenso esvaecíase. Nunhas horas de tolos finalmente o conto rematou con final feliz. ABANCA enviaba un twitter no cal decía que a entidade encontrara unha solución financieira viable para que o COB xogue na ACB. Pero faltaba un último chanzo: a confirmación por parte da ACB. Esta chegaba a modo de comunicado oficial ás 21 horas cando colgaban na súa web que o Club Ourense Baloncesto «presentou a documentación requerida para a súa afiliación á ACB e efectuou o ingreso correspondente para a súa inscrición.
30 de xuño
Agora ábrese un prazo que finaliza o 30 de xuño no cal «hai que aportar o informe de auditoría. Será entón, e á vista do resultado do indicado informe, onde a Asociación de Clubes adoitará a resolución sobre a inscrición definitiva do club la Liga profesional para a tempada 2015/16».