O sábado 20 de xuño en horario de mañá a tarde as pistas de atletismo do Campus universitario de Ourense acolle o Ourense Termal Athletics meeting.
Este ano a Deputación de Ourense é o organizador dun evento que é a continuidade do Gran Premio Festas de Ourense. Xunto á Deputación estarán entidades como a Universidade de Vigo ou o Concello de Ourense. Colabora o Club Deportivo Aurum xunto coa Federación Galega de Atletismo.
Pola mañá disputaranse as probas dos escolares (con algunha de categoría absoluta), mentres que pola tarde o turno será para as categorías absolutas, salteadas con algunha escolar.
Premios
Haberá uns 3.000 euros en premios en metálico nas probas absolutas.
Os tres primeiros clasificados de cada proba recibirán premio (75, 50 e 25 euros, respectivamente) sempre que logren acadar un mínimo de 700 puntos segundo a táboa da IAAF (Federación Internacional de Atletismo).
Con esto preténdese dar un salto de calidade e lograr ter na cidade unha cita atlética preferencial no nordés da Península Ibérica.