No número 122 do Barrios Deportivo salen a portada tres noticias destacadas: a vitoria de Iván Ares no Rali de Ourense, o ascenso do COB nos despachos e o Ourense Termal – Athletics Meeting.
Iván Ares foi o claro vencedor do 48º Rali de Ourense, aventaxando en algo menos de catro minutos ao segundo clasificado, Sergio Vallejo. Terceiro foi Cristian García.
Despois de días frenéticos na cúpula do Club Ourense Baloncesto, a ACB comunicou que o conxunto ourensán presentou a documentación e o pago de 2,9 millóns de euros requeridos, en tempo e forma. O 3 de xullo decidira a Asociación de Clubs de Baloncesto se inscribe definitivamente ao COB para a vindeira tempada da Liga Endesa.
{source}
<div data-configid=»2135477/13627348″ style=»width:555px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}
O Ourense Termal – Athletics Meeting terá lugar nas pistas de atletismo do campus de Ourense este sábado 20 de xuño. Numerosas probas ao longo da xornada na que estarán presentes algúns dos mellores atletas do noroeste penínsular.
A Universidade de Vigo organiza en Ourense o O Campus lúdico deportivo de xadrez do 29 de xuño ao 3 de xullo para xadrecistas de entre 7 e 16 anos. O campus contará coa presenza do gran mestre arxentino Alejandro Hoffman.
Balonmán, fútbol, natación, tiro e moito máis no número 122 do Barrios Deportivo.
Podes descargar o periódico en pdf, aquí
Podes consultalo periódico online, aquí