No verán, Cruz Vermella organiza campamentos ou ludotecas para 165 nenos e nenas no Barco, Rubiá, Celanova, Maceda, Verín, O Carballiño, A Gudiña, Vilariño de Conso e Ourense.

Entre xaneiro e xuño deste año, Cruz Vermella Xuventude realizou charlas sobre Educación para a Saúde e Prevención de Condutas Violentas en 16 centros educativos da provincia, nas que participaron máis de 1.400 mozos de entre 14 e 20 anos.

Concretamente, 957 alumnos/as recibiron información sobre alimentación, saúde sexual e drogas, co obxectivo de fomentar o interese dos adolescentes pola adopción de condutas saudables como parte do seu desenvolvemento integral.

No ámbito da Prevención de Condutas Violentas, 492 alumnos/as traballaron con Cruz Vermella Xuventude conceptos relacionados coa educación para a paz, facendo especial fincapé na prevención do acoso escolar, bullying e ciberbullying.

Campamentos de verán
Chegou o verán, e con el os máis pequenos da casa empezaron as súas vacacións. Con elas, o apoio escolar que voluntariado da Institución realiza en Cruz Vermella e nos Centros de Mediación Social dará paso a campamentos de verán nos que os rapaces e rapazas gozarán da calor estival.

En Cruz Vermella os campamentos son espazos para a convivencia e a aprendizaxe. Algúns dos obxectivos son aprender xogando, educar en valores, desenvolver a creatividade e promover o coidado do medio ambiente. Así mesmo, é un xeito de posibilitar a conciliación familiar.

Os voluntarios, voluntarias e técnicos de Cruz Vermella Xuventude organizan actividades e xogos tendo en conta as idades dos nenos. Os rapaces e rapazas participarán en actividades que van dende as manualidades ata as gymkanas. Ademais realizaranse saídas culturais e á piscina.

Cruz Vermella organiza campamentos ou ludotecas para 165 nenos e nenas no Barco, Celanova, Verín, O Carballiño e Ourense; en Rubiá, Maceda, A Gudiña e Vilariño de Conso os campamentos organízanse en colaboración cos Concellos destas localidades. A Asemblea de Cruz Vermella en Viana, Conso-Frieiras colabora tamén Concello de Viana do Bolo nas actividades organizadas para os máis pequenos.