Para aumentar a transparencia e información á cidadanía, o Goberno municipal comparecerá ante os medios de comunicación para dar conta dos asuntos aprobados en cada sesión.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou a delegación de competencias nos concelleiros do goberno municipal que a integran. Con este acordo, o Goberno municipal pretende fomentar a axilidade, eficacia e operatividade de funcionamiento deste órgano, esencial da estrutura executiva e administrativa do Concello, buscando prestar o mellor servizo á cidadanía.
O acordo outorga con carácter xeral aos concelleiros membros da xunta local competencias en materia de impulsión e trámite de expedientes,contratación menor e resolución de alegacións e recursos, entre outras. Con respecto á anteriormente vixente no Concello, a delegación aprobada reforza especialmente as competencias dos concelleiros en materia de trámites administrativos para mellorar a rapidez na resolución de expedientes, que xa non terán que agardar ás sesións semanais da Xunta local.
A Xunta de Goberno delega tamén atribucións con carácter específico en cada un dos concelleiros do goberno municipal no exercicio das súas competencias:
Comparecencia tras cada sesión
Por outra banda, e para aumentar a transparencia da xestión municipal e a información á cidadanía, voceiros do Goberno municipal comparecerán ante os medios de comunicación para dar conta dos asuntos aprobados en cada unha das sesións que celebre a Xunta de Goberno local.