O acto, que terá lugar este 26 de xuño ás 20.30 horas, incluirá a lectura de poemas e acompañamento musical.
Este venres 26 de xuño, o municipio de Queiroás da Igrexa (Allariz) inaugura ás 20.30 horas unha escultura de homenaxe á sega e aos segadores. Baixo o lema “Corta, miña fouce, corta”, terá lugar un acto para descubrir a creación e rendir homenaxe aos segadores doutrora.
O acto incluirá a lectura de poemas e estará amenizado por un grupo musical.