A Unión Deportiva Ourense realizou a última asamblea da tempada na que abordaron o orzamento do seguinte curso.

Nunha asamblea con menos socios do habitual deu comezo en segunda convocatoria o que foi a última di primeiro ano da historia do club.

Varios eran os puntos na orde do día. Entre eles estaban o designar a Ramón Dacosta coma novo membro do consello de administración, o cambio de sede ou a liquidación do orzamento desta tempada.

En canto ao orzamento deste primeira etapa as contas arroxaron un superávit de 41.000 euros. Deste excendente, 26.000 euros quedan nun fondo social.

De cara ao vindeiro curso, no que o primeiro equipo militará na Segunda Rexional, os socios aprobaron un orzamento de 123.000 euros. En canto aos gastos, estes calcúlanse nuns 112.000 euros, polo que o balance será favorable en algo máis de 10.000 euros.

Instalacións
En tanto en canto a UD vai crecer na súa categoría base, desde a directiva van a pedir instalacións municipais para poder adestrar e xogar os equipos unionistas. Como decía o seu presidente Modesto García, essperan contar co apoio que merece «un club con este número de rapaces xogando e con este número de socios». E o secretario, Rubén Conde, avisa que se non se trata xustamente á UD «chegaremos ata onde teñamos que chegar».