Na primeira metade do mes no xardín do Posío e na segunda, nos Remedios.

Xullo é o mes do taichi en Ourense por excelencia. Este ano será a 31ª edición de «taichi na rúa para todos».
Como vén sendo habitual, o xardín do Posío será unha das sedes deste evento que congrega a centos de ourensáns. Do 1 ao 17 de xullo será esta ubicación a que acolla as clases de taichi de luns a venres de 8 a 9 da mañá.

Os Remedios
Desde fai varios anos os exteriores do pavillón dos Remedios tamén acolle esta actividade. O taichi na rúa trasladarase aos Remedios do 20 a 31 de xullo en horario de 20 a 21 horas.

Benestar
As cualidades deste deporte na vida cotiá fai que cada vez sexa maior o número de ourensáns que se apuntan a esta actividade. Se no Posío superan as 200 persoas, nos Remedios achéganse aos 100 (ao levar menos anos nesa ubicación o número é menor).