Coincidirá cos días de feira de xullo e agosto.
Os días 3, 11 e 23 de xullo e 4, 11 e 24 deagosto, coincidindo cos días de feira, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín volverá saír a rúa co obxecto de acercar os libros o máis posible aos lectores, e incentivar a importancia da lectura tanto dos máis novos e sobre todo explicar o funcionamento da como do público en xeral.
Durante as mañás desas catro xornadas, de 11:30 a 13:00 horas, voluntarios e persoal desta instalación municipal se situarán fronte á biblioteca cun stand no que se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral.
Ademais, con esta iniciativa búscase tamén amosar todos os servizos da Biblioteca de Verín, novidades e as distintas actividades realizadas durante o ano, aproveitando o incremento de poboación na localidade durante os meses de verán.