Ministra e alcalde

Jesús Vázquez desprazarase o venres 9 de xullo a Madrid para manter unha xuntanza con Ana Pastor, para avanzar no desenvolvemento de proxectos estratéxicos para a cidade.

 

Tralo encontro mantido o pasado día 20 de xuño en Ourense, alcalde e ministra de Fomento tratarán temas como a integración do tren de alta velocidade na cidade, a construción dunha nova estación con carácter intermodal, que dé servizo e aumente a permeabilidade no barrio da Ponte, a construción da circunvalación norte de Ourense, ou a rehabilitación da Praza de Abastos número 1, entre outros temas.

Jesús Vázquez desprazarase o vindeiro luns, 13 de xullo a Santiago para manter unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para avanzar tamén en proxectos de interese para a cidade de Ourense.