O Sala Ourense Prolsport vén de confirmar que a vindeira tempada militará na Segunda División B trala invitación da Federación Galega de Fútbol.
O conxunto ourensán había logrado, de maneira solvente, o ascenso a Terceira División na cancha. Pero nunha reunión de todos os clubs desde a Federación anunciaron a ampliación a 16 equipos na 2ªB. O Sala Ourense mostrou o seu interese de xogar nesa categoría e a Federación contestoulle favorablemente.
Os ourensáns xogarán contra equipos de Galicia, Castela e León e Asturias. O derbi deste ano será contra o Pizarras Tres Cuñados, equipo do Barco de Valdeorras.
Patrocinio
O club contaba con 71 empresas colaboradoras e todas elas están dispostas a axudar un pouco máis de cara a esta nova categoría. Desde a directiva pretenden chegar as 100 empresas colaboradoras.
Mesmo estilo
O Sala Ourense, a pesares do ascenso, que continuar coa mesma filosofía. Esta non é outra que contar con xogadores ourensáns. Tamén queren formar equipos en todas as categorías do fútbol sala, ademais de ter un equipo sub 23 en Provincial e un xuvenil en Galega.
Altas e baixas
Subir dous categorías de golpe fai que causen máis baixas e teñan que reforzarse mellor, que se soamente ascenderan unha categoría. Serán baixas para este tempada Chechu, Luisón e Víctor Sousa que continurá de adestrador (estas eran as baixas previstas) e sumanse, unha vez ascendidos a 2ªB Raúl Fernández e Juanka.
En canto as altas, son seguras as de Raúl Rivero (provén do Carballiño) e Alex (porteiro do Sporting Manzaneda). O club espera reforzar o equipo con dous ou tres incorporacións máis.