Alcalde de Ourense e ministra de Fomento

O alcalde de Ourense a ministra de Fomento avanzaron tamén en proxectos como a Circunvalación Norte, a Praza de Abastos nº1 e melloras dos accesos desde Ramón Puga a Barrocás, Ponte Tarascón e camping de Untes.

 

No presente mes de xullo constituirase a comisión que se encargará de planificar a integración ferroviaria da cidade de Ourense, que terá lugar en Madrid na última semana deste mes, segundo acordaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e a ministra de Fomento Ana Pastor, na xuntanza mantida este venres en Madrid. Esta comisión, na que xunto a Concello e Ministerio de Fomento participarán tamén a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial, será a encargada de planificar e definir a integración do tren de alta velocidade en Ourense e o proxecto da futura estación intermodal.

O tren de alta velocidade foi dun dos eixos da xuntanza, que o alcalde calificou de “moi fructífera” sobre temas vitais para a cidade.

O alcalde destacou tamén que a ministra confirmou que os Orzamentos Xerais do Estado para 2016 incluirán unha importante partida para iniciar a execución da primeira fase da Circunvalación Norte, obra «de suma importancia» para desconxestionar de tráfico a zona norte da cidade e paso previo necesario para poder acometer a construción do bulevar termal.

O alcalde tamén trasladou á ministra a importancia do proxecto de rehabilitación da Praza de Abastos número 1 de Ourense, sita no contorno das Burgas, ante o que a ministra expresou unha boa receptividade, ao igual que ante outros proxectos a desenvolver na cidade, como a ampliación do acceso ao barrio de Barrocás desde a rúa Ramón Puga (por debaixo da vía do ferrocarril), calificado como «moi prioritario» durante a xuntanza; a realización de melloras na ponte de Tarascón ou a mellora de accesos ao camping de Untes desde a Nacional 120, entre outras actuacións.

Na xuntanza tamén participaron o secretario xeral de Infraestructuras, Manuel Niño, o presidente da Comisión de Fomento e deputado por Ourense, Celso Delgado e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo.