Durante os vindeiros catro anos, José Manuel Baltar seguirá a ser o presidente da Deputación Provincial de Ourense.
No seu discurso de investidura apelou pola importancia da política e das deputacións. «Pasamos do futuro das deputacións ás deputacións do futuro», en alusión ao debate sobre as mesmas.
Baltar tamén comprometeuse a “defender leal e contundentemente os intereses de Ourense por riba da calquera outros” e defenderá unha nova etapa “de máxima cooperación e participación”.
Oposición
Sobre os outros grupos que conforman o goberno da entidadade provincial, o presidente asegurou que «comeza unha nova época de máxima colaboración e participación cos grupos da oposición» xa que «son grupos de alternativa de goberno».
A primeira medida que tomará ao respecto será confiar un representante dos grupos de alternativa de goberno «á presidencia da comisión informativa de Economía e Facenda».
Críticas
As primeiras críticas no se fixeron esperar. Chegan do novo grupo que aterrizou na Deputación: Democracia Ourensana. Nun comunicado explican que o discurso de Baltar Blanco foi «megalómano e desnortado» e advirten que non lle concederán a este goberno os 100 días de cortesía xa que «falamos de continuidade, e non dun dirixente ou partido novo».
Deputados 2015-2019
Dos 27 deputados provinciais para os próximos catro anos de mandato son: 14 do Partido Popular, 8 do Partido Socialista Obrero Español, 2 de Democracia Ourensana e 1 do Bloque Nacionalista Galego.