A UD Ourense vén de anunciar que este ano contará con equipo feminino de fútbol.
Unha vez desaparecido o Barbadás Feminino de Segunda División, o club que recolleu a luva foi a Unión Deportiva e contará a vindeira tempara cun equipo en categoría feminina.
O equipo comezará na Segunda Autonómica e contará con Rubén García (adestrador do Barbadás Feminino) como técnico.
Calquera xogadora que se queira unir a este equipo poderá pasarse polo estadio Couto.
Memorial
Xa está cofirmada a hora do encontro do I Memorial CD Ourense. O mércores 12 de agosto no estadio do Couto a UD Ourense recibe ao Pontevedra no que será a primeira edición do memorial que quere homenaxear ao equipo «rojillo».
O encontro comezará ás 20.30 horas unha vez pedido por rexistro á Xunta de Galicia e esta, dado conformidade.
A Liga
O 6 de setembro comezará, para os unionistas, a Liga na Segunda Autonómica Grupo IX. Antes, na fin de semana anterior, disputarán a primeira eliminatoria da Copa Deputación.