Asemblea da Eurocidade

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, toma o relevo da dirección do anterior executivo ata o final do presente mandato en decembro do 2015.

 

A sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT acolleu esta semana unha asemblea xeral extraordinaria na que se procedeu á renovación dos órganos de goberno. Como esta estipulado nos estatutos, a presidencia e a dirección corresponde, cada dous anos, a cada un dos alcaldes de Chaves e Verín. Neste caso, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, toma o relevo da dirección do anterior executivo ata o final do presente mandato en decembro do 2015. O alcalde de Chaves, pola súa banda, seguirá presidindo a asemblea.

En canto ao nomeamento de novos delegados, os elixidos pola parte de Verín son Diego Lourenzo Moura (tenente de alcalde de Verín), Purificación Caldelas (concelleira de Turismo), e Jose Luis Martín (concelleiro de Servizos Sociais). Pola parte de Chaves, os tres delegados do goberno son o vicepresidente, Carlos Penas e os vereadores Paulo Alves e Joao Neves.

Pola súa banda, a secretaría técnica seguirá baixo a xestión de Pablo Rivera.

Entre os asuntos abordados na asemblea tivo especial relevancia o actual estado de situación dos proxectos POCTEP que se encontra en execución polos concellos de Verín e Chaves, coma son a ecovía do Támega, o plan director de turismo, as rutas transfronteirizas, a creación do parque biosaudable de Tamaguelos, os postos de avistamento de aves e interpretación da natureza, as guías turísticas e mapas do territorio, o posicionamento web, ou plataforma de comercialización do destino, entre outros.

Tamén se abordaron as candidaturas que a AECT presentará aos novos programas comunitarios para o desenvolvemento de investimentos os próximos sete anos.

Por ultimo, analizáronse os impactos que obtén a institución transfronteiriza coa súa recente nominación ao mellor proxecto europeo Rexio Star 2015, cuxo vencedor se coñecerá o día 13 outubro en Bruxelas. Ademais, incidiuse na visibilidade que a Euriciudade Chaves Verín terá no próximo Smart Cities World Forum do próximo mes de novembro en Barcelona.

A teor dos estatutos, a próxima asemblea, xa ordinaria, será en outubro.