Este 18 de xullo, terá lugar a 13ª edición da festa etnográfica da seitura en Queiroás da Igrexa.
O festexo está enmarcado dentro das actividades que organiza o Concello de Allariz en colaboración cós veciños do pobo de Queiroás da Igrexa e a Torre de Seoane. Estas propostas, teñen como finalidade a posta en valor, coñecemento e difusión dos traballos relacionados coas tarefas do ciclo do pan: a sementeira, aseitura, a aarrexa, a malla, a moenda e a fornada.
Así pois, este ano 2015 os veciños de Queiroás da Igrexa retoman a actividade desta festa cun cambio no seu programa respecto dos anos anteriores, celebrando os vinte anos da Festa da Malla e os trece anos da Festa da Seitura.
A actividade comezará as 9:30h co encontro da cuadrilla de segadores, co seu maioral ao fronte, no lugar de “A Petouquiña”, ao carón da escultura do segador, para levar a cabo a contrata e o axuste da sega co patrón ou amo. Desde alí, a cuadrilla partirá para facer a sega na leira chamada “ A Penarredonda”. Haberá unha parada para o almorzo na leira, con pinchos e doces para os seitureiros da cuadrilla no “pucheiro”: rapaces, fouces ou “iguales” e maioral.
A mediodía rematará a faena, coa atada de mollos, a súa carrexa para enmedar e procederase a facer as diferentes medas no eido. Será o momento do axuste final da sega co patrón, pago da “maioría” e porcentaxes por categorías. A festa rematará ás 14 horas cu xantar popular á sombra da “bidueira do Kiko», acompañado de foliada con gaiteiros e audición de música galega sobre os labores da sega e a malla.