Esta reforma foi solicitada pola Asociación de Veciños As Termas a raíz dunha demanda dos veciños do barrio.

 

Nas últimas semanas comezaron a ser visibles os traballos de reforma integral do parque infantil situado nas vivendas de promoción pública do barrio de A Ponte, ao carón da Estación de Autobuses. A mellora deste espazo foi unha reivindicación da Asociación Veciñal As Termas nos últimos anos que se viu materializada coa adxudicación dun proxecto que renovará os aparatos e o chan da zona de xogo, dotara de novas árbores e un peche a todo o espazo. Ademais, semanas atrás tamén se realizou a mellora, a proposta deste colectivo veciñal, da iluminación do entorno.

Esta actuación súmase ao conxunto de melloras dos espazos verdes do barrio solicitado ao Concello onde ademais da reforma do parque infantil incluíuse a renovación de dous espazos de plantas ornamentais, a plantación tamén xa realizada, de 11 novas árbores en varios puntos do barrio.