Aínda que non é obrigatorio, ao tratarse dun acto ao aire libre con menos de 20.000 asistentes, o Concello ten previstas medidas de seguridade para todas as actividades, que terán lugar o 31 de xullo e 1 de agosto.

 

Dende a Área de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil do Concello de Verín, de acordo con Protección Civil e a Policía Local, elaborouse un plan de autoprotección para esta edición da Batucada que se celebrará os días 31 de xullo e 1 de agosto. Este plan contén todos os protocolos de actuación a seguir polos diferentes equipos de emerxencia que traballan neste evento preparados para actuar ante calquera incidencia.

O principal obxectivo deste plan de autoprotección, que é a terceira vez que se elabora, é establecer unha correcta coordinación entre os equipos de emerxencia para garantir a seguridade do público asistente e do persoal que traballa durante a batucada.

O plan non é obrigatorio segundo a lexislación vixente en materia de Protección Civil e Autoprotección por tratarse dun evento ao aire libre cunha afluencia de menos de 20.000 persoas. Non obstante, o Concello de Verín establecerá diversas medidas. Así, para o acto da praia fluvial do venres 31, o dispositivo terá socorristas acuáticos, un posto sanitario da Cruz Vermella e a Policía Local estará presente para garantir a seguridade. Así mesmo, estará prohibidao tirarse dende a pasarela peonil ao río Támega (situada na praia fluvial de Verín) durante esta actividade.

O sábado 1 de agosto contarase cun dispositivo, durante a Festa dá Auga e a Escuma, conformado por un posto sanitario situado na praza García Barbón, a cargo de Cruz Vermella Monterrei, unha ambulancia desta entidade, voluntarios de Protección Civil de Verín e acoutarase unha zona para a festa de escuma na que non se permitirá a entrada con recipientes de vidro.

Ademais, efectivos da Policía Local e Protección Civil coordinarán a Ruta dá Batucada que ten lugar o 1 de agosto, e percorre diversas rúas dá localidade

A seguridade correrá a cargo de Policía Local e Garda Civil. Ademais, os equipos de emerxencia externo (Bombeiros e 061) teñen ás súas rutas de entradas e saída, e existen protocolos entre medios internos e externos para unha atención eficaz.