A Unión Deportiva Ourense comeza a súa andadura no segundo ano de historia do club co obxectivo último do ascenso á Primeira Autonómica.
Algo máis de 100 seareiros reuníronse na bancada do estadio do Couto para ver a presentación do segundo curso da historia da unión Deportiva Ourense.
Dirixido por segundo ano consecutivo por Antonio Dacosta, este ano a renovación do equipo é notable. Se no primeiro ano conxugabanse os xogadores veteranos (algún deles xa habían colgado as botas) con outro que teñen unha gran proxección, este ano a renovación foi cara a xóvenes xogadores que poderían xogar en categorías superiores.
Durante as palabras ante a afección no día da presentación, o discurso era claro. Mentres Damián Domínguez (directivo) aseguraba que loitarán polo difícil obxectivo do ascenso, Diego Soto (segundo capitán) manifestou que o ían «traballar con humildade».
Caras novas
As dez caras novas da UD son: Otero, Julio, Jorge, Brais, Iago Garrido, Samuel Vázquez, Cristian Dacosta, Sergio, Cote e Tito Currás.
Pretempada
A pretempada, que xa arrancou, terá varios puntos destacados: os encontros. Cinco son os que teñen pensado xogar para a rodaxe dos xogadores antes de que comece a Liga.
O primeiros dos amigables será contra o Quiroga o 9 de agosto, na localidade lucense.
O prato forte será o 12 de agosto, data na que se presrentará ante a súa afección o conxunto unionista. Este partido será o I memorial CD Ourense e traerá ao estadio do Couto ao Pontevedra de Luisito (último adestrador do cadro «rojillo». A hora de inicio está prevista para as 20.30 horas.
Os outros tres partidos serán o 16 de agosto contra o Ribeiro; o día 21 contra un equipo aínda por confirmar e o 23 de agosto contra o Allariz.
A liga comeza o 6 de setembro e quedan exentos de xogar a primeira rolda da Copa Deputación. Nesta competición comezarán a xogala en decembro contra o vencedor da eliminatoria entre o Covadonga e o Moreiras.