O Partido Popular de Ourense vén de constituir o primeiro Comité de Campaña de España de cara ás vindeiras Eleccións Xerais, pendentes aínda de data para a súa celebración.
A sede do PPOU acolleu o venres á tarde a reunión constitutiva deste equipo de traballo, encargado de deseñar a próxima campaña electoral dos populares e de planificar e organizar a súa execución.
Tal e como recalcou o presidente provincial, Manuel Baltar, durante a reunión cos integrantes do Comité de Campaña, “o PPOU traballa coa mesma intensidade, haxa ou non haxa eleccións á vista, de aí que podamos estar, como de feito estamos, perfectamente organizados para constituir formalmente o primeiro Comité de Campaña de España para as vindeiras Eleccións Xerais”.
Manuel Baltar incidiu tamén en que o PP de Ourense “é unha forza política que ten o seu maior activo nas persoas que a conforman, algo que queda reflexado na composición do Comité de Campaña.
Forman parte del o propio Baltar como responsable político, Rosendo Fernández como coordinador de campaña, Jorge Pumar como coordinador de organización, Luis Vergara como xerente e responasble de publicidade. Catro persoas serán responsables do Programa Electoral e Argumentos: Cristina Romero, César Fernández, Moisés Blanco e Ana María Villarino; César Blanco asumirá o cargo de responsable de Formación, Feliciana Dacoba será responsable de Interventores e Apoderados; Montse Lama de Mailing, Mónica Mourelo de Transparencia, Carmen Carballo da Asesoría Xurídica, Lorena Crespo de Prensa, e Pablo Pérez de Actos Públicos.
Ademais, Miguel Ángel Santalices coordinará os Actos Sectoriais, Celso Delgado a Campaña dos Dirixentes Nacionais, Ana Belén Vázquez o Voto por Correo, Antonio Rodríguez Miranda o Voto CERA e Exterior, Jackeline Fernández será a responsable de Novas Xeracións, e Jesús Vázquez o de Ourense Cidade. Outros tres cargos populares faranse cargo da área de Mobilización Electoral: Carmen Leyte, Argimiro Marnotes e Avelino García Ferradal, mentres que Patricia Domínguez e Lorena Crespo asumirán a área de Novas Tecnoloxías e Redes Sociais.