Os artesáns interesados en participar na feira alaricana deben inscribirse antes do 21 de agosto.
O próximo 13 de setembro desenvolverase en Allariz a XIII Feira de Artesanía “Arte de man”, como medio de promoción e venda dos traballos dos artesáns locais e convidados.
O mercado desenvolverase nas prazas da vila. A organización pon a disposición dos interesados un stand de madeira, que os participantes terán que decorar tendo en conta que a feira discorre nun casco histórico.
Os artesáns que estean interesados deberán cumprimentar o formulario anterior e envialo xunto co seu currículo e material fotográfico recente dos seus traballos ao enderezo electrónico seguinte dinamizacioneconomica@allariz.com, ata o 21 de agosto.
Este mercado está organizado polo Concello de Allariz, en colaboración coa Asociación de Artesáns de Allariz e nesta edición está previsto que participen un total de 25 postos, ao longo de todo o día do domingo 13 de setembro. Ademais, haberá demostracións de diferentes oficios.
Os interesados en participar poden informarse sobre as bases deste mercado de artesanía no teléfono 988 442 210.