A Paneira acolle a exposición «AllarizÉ», que conmemora a revolta do 89 no seu 26 aniversario.
A apertura desta exposición será este martes ás 20 horas, e a ela acudirán o alcalde de Allariz, Francisco García e o autor da exposición Fernando Barreira. A mostra poderase visitar durante o mes de agosto e setembro, na Paneira, na praza Maior de Allariz.
Esta proposta singular permitirá ver dunha forma plástica o sucedido no ano 1989.