O Concello de Ourense convoca as axudas que darán apoio ás actividades que desenvolven as asociacións de veciños da cidade.
O programa, que promove a Concellería de Participación Cidadá contará este ano cun orzamento de 50.000 euros, que supón un incremento de 5.000 euros sobre o do ano 2014 (no que foran destinados 44.879,55 euros a esta partida), algo máis dun 10,3% superior.
As bases da convocatoria, aprobada o día 23 de xullo pola Xunta de Goberno Local publicáronse venres, 14 de agosto, Boletín Oficial da Provincia, polo que se abre un prazo de 20 días naturais no que as asociacións poderán presentar as súas solicitudes, a través do Rexistro Xeral do Concello.
Poderanse presentar solicitudes para a realización de programas ou actividades veciñáis organizadas por asociacións veciñais inscritas no rexistro de entidades cidadás do Concello de Ourense, como eventos, excursións, obradoiros, conferencias, xornadas, festas e outras iniciativas encamiñadas á promoción, animación, participación, conciliación e relacións das asociacións veciñais de Ourense.