“Unha pinga de mel” é a denominación da actividade que se levará a cabo este domingo 23 en Allariz.
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA) organiza este domingo, en horario de 11.30 a 14:30 h. e de 17 a 21 h, unha xornada sobre o mundo das abellas.
A actividade, denominada «Unha pinga de mel», está organizada pola Asociación Galega de Apicultura. Nela trátase de poñer en contacto, dun xeito lúdico, aos abelleiros co gran público co obxecto de sensibilízalo sobre a importancia da presenza das abellas nos campos. Tamén se explicarán os grandes riscos que corre na actualidade esta especie por mor dunha agricultura incompatible coa presenza de polinizadores debido o envelenamento masivo a que están sometidas polo uso de insecticidas, herbicidas, acaricidas… e tamén por novos inimigos que están chegando a cada paso, incendios forestais, monocultivos, transxénicos e en xeral polo deterioro medioambiental.