As xestións feitas polo concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra Carril, fixeron posible esta actuación que mellora a estética do contorno.
Unha brigada da Xunta de Galicia está a limpar estes días a glorieta de entrada a Carrefour, no termo municipal de Barbadás. Esta rotonda está ubicada debaixo da estrada que comunicaca Ourense con Celanova e levaba anos sen ser limpada, indican desde o Concello de Barbadás.
A ausencia de mantemento levou ao concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra, a instar á Consellería de Política Territorial a que acometese unha actuación de xeito prioritario. Este debroce era necesario por ser esta unha zona de moito tránsito e pola perigosidade de incendio no lugar.
Así mesmo, coa actuación mellórase ademais a seguridade viaria nas inmediacións.