Trátase dun curso preparatorio para realizar as probas do nivel CELGA 3.
O Concello de Verín abre, ata o día 8 de setembro, o prazo de inscrición dun curso de formación para a obtención do certificado de lingua galega CELGA 3 enfocado a todas as persoas maiores de dezaseis anos. A inscrición é gratuíta e os interesados só deberán completar un formulario de solicitude.
Estes cursos teñen como obxectivo ofrecerlle unha opción formativa ás persoas que carecen de acreditación oficial, por procederen de outras comunidades autónomas ou por non remataren a formación de lingua galega a nivel de bacharelato.
O curso, que se celebrará entre o 19 de outubro e o 9 de decembro, impartirase de luns a venres no IES García Barbón de Verín, en horario de 19:30 a 21:30 h, e terá una duración de 70 horas. A asignación de prazas (mínimo 15 e máximo 30 persoas) realizarase por orden de entrada. No caso de haber varias solicitudes o mesmo tempo, utilizarase o criterio da orde alfabética. (do A o Z).
Ás persoas que se presenten á proba de capacitación dese nivel e a superen entregaráselle o Certificado de Lingua Galega do terceiro nivel. Ese diploma é oficial, está avalado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é válido para oposicións ou concursos convocados por organismos públicos que esixan ese nivel formativo. Tamén serve para fundamentar un currículo.
Tódolos interesados deberán presentar o anexo I debidamente cuberto e presentar a copiado DNI, no caso de non autorizar a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.