Campo de Traballo internacional no Xurés

O Concello de Muíños e a Asociación de Desenvolvemento Sostible Sustinea, organizan o Campo de Traballo “Aldea
de Salgueiro-Parque Natural do Xurés”, que reúne a 25 persoas provintes de Rusia, Italia, Francia, Xapón e España.

Dende o 21 ao 30 de agosto, estase a desenvolver o Campo de Traballo “Aldea de Salgueiro-Parque Natural do Xurés”, organizado dende o Concello de Muíños e Sustinea en colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia no Complexo do Corgo en Muíños (Ourense).

25 persoas provintes de Rusia, Italia, Francia, Xapón e España están a levar a cabo unha serie de traballos encamiñados á
conservación e difusión da aldea de Salgueiro e do propio Parque Natural; a creación dun roteiro etnográfico interpretado do “Ciclo do pan” na aldea de Salgueiro, a creación dun roteiro etnográfico-ambiental polo paso de 12 muíños que dan nome a aldea de Muíños, a recuperación histórica dos pobos do Parque Natural e Salgueiro cos propios poboadores e a construción de refuxios para anfibios.

O obxectivo deste encontro é, crear un exemplo práctico e vivencial da recuperación da Aldea de Salgueiro, da difusión dos valores ambientais do Parque Natural, e da conservación das especies do mesmo como parte do Desenvolvemento Sustentable da Reserva da Biosfera Xurés- Gerês.