As partidas mais elevadas destinaranse á compra de equipamentos de anestesia e cardioloxía, xunto con material de última tecnoloxía para oftalmoloxía, radiodiagnóstico, xinecoloxía e pediatría.
O Servizo Galego de Saúde vén de licitar a compra de equipamento electromédico para os hospitais públicos de Ourense por valor de 881.911 euros, investimento cofinanciado nun 80% pola Unión Europea, no marco do programa operativo FEDER Galicia.
As partidas mais elevadas destinaranse á compra de equipamentos de cardioloxía e anestesia, que accederán este mesmo ano a material de última tecnoloxía, ao igual que os servizos de oftalmoloxía, radiodiagnóstico, xinecoloxía e pediatría, do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, e os servizos cirúrxicos dos hospitais comarcais de Valdeorras e Verín.
Entre os novos equipos que se instalarán no CHUO destacan os destinados a ecógrafos, con funcionalidade avanzada, para distintas especialidades, como cardioloxía, que contará cun novo ecocardiógrafo de exploracións especiais, un dos investimentos mais altos, 123.420 €, ao que hai que sumar dous ecógrafos mais para xinecoloxía e novos equipos de radiodiagnóstico.
Todos eles, incorporan tecnoloxía dixital e novas aplicacións médicas como a elastografía e o tratamento de imaxes con contraste, que supoñen unha importante mellora da calidade da imaxe, permitindo diagnósticos mais precisos e seguros, e evitando nalgúns casos a utilización doutras probas con técnicas invasivas para o paciente.
Tamen no CHUO, o servizo de Oftalmoloxía contará cun novo Tomógrafo de Coherencia Óptica, con imaxe médica en 3D, o que representa un gran avance no estudio da retina e do nervio óptico, permitindo imaxes HD de xeito non invasivo.
Este equipo é de gran utilidade no diagnóstico e tratamento de enfermidades da retina, ao igual que na dexeneración macular ou o ollo diabético. Asemade, oftalmoloxía, contará cun novo microscopio cirúrxico, cun custe superior aos 90.000 euros.
Cinco novos equipos de anestesia
Na mesma partida, tanto o CHUO como Hospital de Verín poderán contar con cinco novos equipos de anestesia, o que permitirá a actualización tecnolóxica das dotacións actuais con equipos mais modernos, precisos e seguros no control do proceso anestésico en quirófano.
Tamén na área cirúrxica, a iniciativa do Servizo Galego de Saúde redundará na renovación das torres de endoscopia cirúrxica, dos hospitais de Verín e de Valdeorras. O novo equipamento supón un importante incremento tanto na calidade da imaxe como súa funcionalidade práctica.
Ademáis, no eido pediátrico, o CHUO contará, xa este último trimestre do ano, cunha incubadora máis para de transporte de neonatos, ademais dun berce térmico, e un novo microscopio pediátrico, especifico para Otorrinolaringoloxía. Equipamento que ascende a mais de 100.400 euros.