Denuncian que desde hai preto dun ano a médica só consulta luns, mércores e venres.
O BNG da Bola demanda que haxa consulta médica na localidade todos os días da semana, pois desde hai case un ano a doutora asignada só pasa consulta os luns, mércores e venres. «O que vén pasando coa médica de A Bola é que ten compartida a consulta con Celanova ata as 12 da mañá, Desde as 12 en diante ten que ir para Podentes, que é onde se atopa o centro de saúde do concello da Bola», explican.
Proseguen os nacionalistas indicando que se algún paciente pide cita «dana calquera día da semán, polo que se coincide algunha cita nos días que non está a médica (martes e xoves), ela mesma chama a persoa para cambiala, o que ademáis de improcedente xera inconvintes para os ususarios do servizo de saúde, que se organizan en función das citas médicas».
Desde o BNG reclaman das autoridades sanitarias que obriguen a que se cumpla o horario, coas excepcións que comporta o desempeño da actividade médica como visitas domiciliarias ou urxencias para que os veciños «poidan ter a garantía de que todos os días da seman teñen atención médica no seu centro de saúde».